Máis información


XENERA é unha eléctrica 100% galega que xa ten 19.000 clientes nas catro provincias
A NOSA HISTORIA - 120 ANOS
Tarifa a Vaquiña
O noso prezo da enerxía é o custo de mercado maiorista, é dicir o mesmo prezo ao que nós a adquirimos, sen engadir nada.
Igualmente factúranse os conceptos obrigatorios cos seus custos oficiais, entre os cales destacan: Peaxes de distribución, aluguer do contador, imposto eléctrico e IVE.
A maiores do anterior facturamos os "Custos de Xestión", cos que cubrimos a nosa pequena marxe e custos de persoal, sistemas, atención ao cliente...
Os Custos de Xestión son de:
› › 3€ ao mes en caso de potencias contratadas inferiores a 10 kW (o 95% dos fogares).
› › 7€ ao mes en caso de potencias contratadas entre 10 e 15 kW.
› › 12€ ao mes en caso de potencias contratadas de máis de 15 kW.
O aforro que se obtén na enerxía é dun 16% con respecto aos prezos fixos de mercado libre e dun 23% con respecto ás tarifas planas.
O termo de potencia de A VAQUIÑA POLO QUE VALE é o indicado no punto 2, artigo 7 do Real Decreto 216/2014 publicado no BOE. Disposición octava 2 párrafo un.
Valido para contratacións ata o 31 de decembro do 2018.
MÁXIMA TRANSPARENCIA
Outro punto interesante polo que apostar por nós é a transparencia. Tanto respecto da súa actividade empresarial como para facilitar aos clientes a comprensión das súas facturas.
O mercado da electricidade é moi complexo, pero as facturas das eléctricas tradicionais o son aínda máis. O consumidor non sabe de onde vén o prezo final que está a pagar, é un lío. XENERA é completamente transparentes con isto. Por iso na nosa factura poderás comprobar cal é o PREZO REAL DA ENERXÍA no mercado maiorista e, nunha liña expresa a tal propósito, o que cobramos nós polo servizo: 3€ ao mes.