Esta web utiliza cookies con fins funcionais e analíticos. Se navegas por ela, estarás a aceptar o seu uso. Podes consultar todos os detalles da nosa Política de Cookies
Máis información

PERIODOS HORARIOS EN 2.0.DHA

Si realizas un 30% de tu consumo en el horario barato, ya ahorras más que con la tarifa de un solo periodo.

HORARIO EN UN DIA DE INVIERNO
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24
HORARIO EN UN DIA DE VERANO
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24

HORARIO BARATO HORARIO CARO

PERIODOS HORARIOS EN 2.1.DHA

Si realizas un 30% de tu consumo en el horario barato, ya ahorras más que con la tarifa de un solo periodo.

HORARIO EN UN DIA DE INVIERNO
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24
HORARIO EN UN DIA DE VERANO
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24

HORARIO BARATO HORARIO CARO

Coñécenos

120 AÑOS

1896 - 2016

A NOSA HISTORIA - Un salto no tempo

Leoncio Comesaña e José Leiras, avogados, conseguiron a finais do século pasado, no prazo de trece meses, dotar á cidade de Tui dun servizo que era case descoñecido no resto de España, fundando para iso a Compañía Eléctrica de Tui.

Os dous avogados de Tui, responsables deste "salto no tempo", montaron unha central hidroeléctrica en Tebra, levando daquela unha liña ata Tui para a iluminación eléctrica na cidade. En principio só catro casas tiñan corrente eléctrica; beneficiándose do invento a do Alcalde, os dous avogados e o farmacéutico, que daquela eran as "forzas vivas" da cidade.

Querendo cumprimentar todos os legalismos, os propietarios presentaron a correspondente instancia ao Gobernador Civil de Pontevedra para a autorización do aproveitamento hidroeléctrico. A Central foi bautizada como "Miudiña". Concesión e condicións foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia o día 8 de maio de 1896.

Foi Don Juan Benito Álvarez Vicente, Alcalde Presidente do Concello Constitucional de Tomiño, quen o 29 de xuño de 1896, concedeu a autorización para colocar postes e pasar liñas a través do dominio comunal, co fin de conducir o fluído eléctrico entre a Miudiña e a cidade de Tui. Houbo grandes protestas respecto diso, polo medo a que as vacas desen leite cortado a partir de entón.

Por fin o 16 de decembro de 1896 tivo lugar a esperada e solemne inauguración da iluminación da cidade, que se celebrou cun gran banquete nos salóns do "Liceo" tudense, asistindo uns cincuenta comensais.

Á hora do brinde, todo foron halagos para os empresarios da nova compañía, e fíxose unha exposición das múltiples aplicacións e utilidades da electricidade, que segundo aseguraron todos os presentes sería de aplicación principal na vida dos pobos e da iluminación pública.